¿Quén son?

Chámome Jesús Manuel Giz Novo e son un amador da fotografía.

A miña formación artística comeza coa pintura no ano 1985 na asociación ortegana “amigos del arte”, onde aprendín e practiquei a técnica do óleo ate o ano 1994.

A imaxe atraeume dende sempre, pero non é ate o 2003 cando dispoño da miña primeira cámara dixital. Vivindo por aquel entón no estranxeiro tentaba documentar eses lugares e xentes que quería reter na miña memoria.

No ano 2010 profundizo na fotografía dixital, participando en numerosos obradoiros e seminarios, con mestres coma José Benito Ruiz, Diego Espada, Aitor Ortiz, Walter Astrada, etc…

Na actualidade son membro de diversas asociacións culturais e fotográficas, como Expofoto Galicia e Galioart, onde colaboro na realización de obradoiros como o realizado no festival do mundo celta de Ortigueira sobre fotografía documental de rúa ou no concurso “ingeniería industrial en la sociedad” promovido polo colexio de enxeñeiros industriais de Galicia (ICOIIG).

Para mín a fotografía é un acto solitario pero tamén algo que me gusta compartir e por iso estou escribindo estas palabras.

 

©Eduardo Blanco Mendizabal