¿Por qué o fago?

Nesta páxina transcribo unha serie de citas que definen perfectamente porque para mín a fotografía é unha paixón.

“Fotografía porque che gusta facelo, porque é absolutamente preciso facelo, porque a recompensa principal será o proceso de facelo. Outros premios, recoñecemento, cartos, son moi poucos e son pasaxeiros. Hai moitos outros xeitos máis doados de gañarse a vida nesta sociedade. Toma a fotografía como uhna paixón, non coma unha carreira” Alex Webb

“A fotografía en sí non me preocupa, preocupame o gozo de estar presente, o plasmar” Cartier Bresson

“Como dicía o meu avó, o que non viaxou, viuno todo” Tino Soriano

“Non penso que exista ningunha diferencia entre fotografar nun lugar lonxano como a India, na túa cidade ou na rodaxe dunha película. Facer unha gran foto é facer unha gran foto.” Mary Ellen Mark

“A única verdadeira viaxe de descubrimento consiste non en buscar novas paisaxes, senón en mirar con novos ollos” Marcel Proust

“A cámara dache unha escusa para meterte en lugares que nunca te meterías, para explorar e observar cousas que nunca verías. Aínda que as veces aparto a cámara da faciana e disfruto” Walter Astrada

“Hai cousas na vosa vida que só vós veredes, historias que só vós oiredes. Se non as contades ou as escribides, se non facedes a foto, esas cousas non serán vistas nen oídas” Emmet Gowin

“Case todo o que faga será insignificante, pero é moi importante que o faga” Mahatma Gandhi

“Ao cumio non se chega superando aos demais, senón superandote a tí mesmo” Anónimo

“Hai unha forza motríz máis poderosa que o vapor, a electricidade ou a enerxía atómica: a vontade” Albert Einstein

“Non se desexa o que non se coñece: Nihil volitum quin precognitum” Publio Ovidio Nasón

“O teu tempo é limitado, non o desperdicies vivindo a vida doutros” Steve Jobs

“Eu non escribín as regras, ¿por qué debería seguilas?” Eugene Smith

A fotografía é, para mín, unha ferramenta para mirar doutro xeito, viaxar sen moverme, establecer relacións que doutro xeito non sería capaz e unha superación contínua.