Galería

¿Interesanos máis enfrentarnos con ese azar da rúa, ou sentímonos máis cómodos creando pequenos mundos tratando de deixar ao azar o menor protagonismo posible? Neste xogo non valería dicir que nos gustaría actuar como ámbolos dous… ou como ningún. A pregunta é máis esixente, xa que se contestamos coma ambos, confundimonos e confundimos ao resto” Eduardo Momeñe – La visión fotográfica.

Extracto da obra de Lee Friedlander

O pase de diapositivas require JavaScript.

Despois de ter asistido a diferentes cursos e ler libros coma o citado arriba de Eduardo Momeñe, o cal recomendo ao 100%, é frecuente escoitar comentarios sobre a necesidade de decantarse por ser fotógrafo cazador ou fotógrafo pescador. Isto oino de fotógrafos con coñecementos e traxectoria contrastada que ademáis admiro e por tanto confiro moito valor a esa afirmación, pero ás veces, preguntome se será unha pregunta como aquela de se fotografías en branco e negro ou en cor, ou moito peor, se eres de Nikon ou de Canon, cecais coma dí Momeñe, simplemente esté confundido.

Fai un tempo tiven ocasión de acceder ao libro de Lee Friedlander, The Museum of Modern Art, un libro en branco e negro, como fotografaba o seu autor, e no que puiden ver fotografías de retratos pousados, nus, paisaxes e bodegóns que rompian por completo a miña idea de Lee Friedlander coma uns dos precusores da fotografía de rúa e por tanto de fotógrafo máis cazador. Esas novas fotos, descoñecidas para mín até entón, parecían ser fotos máis pausadas, onde o autor controlaba en maior medida o que pasaba na escena.

Trato de plantexar con isto, que me gusta fuxir dos dogmatismos porque considero que coartan a creatividade, porque se Cristina García Rodero fotografía en branco e negro de sempre, pero un día considera que debe facer un trabajo sobre a India en cor, é unha elección tan valida como a que tiña tomado até entón de facer todo en branco e negro, e se, técnicamente é capaz de resolvelo, ¿por qué non pode obviar a abstracción do branco e negro para centrarse máis no sentimento da cor? Ademáis, no noso camiño de exploración a través da fotografía, ¿en que medida unha disciplina de fotografía pode abrirnos camiños creativos noutras, aportarnos recursos, en definitiva, facernos disfrutar e medrar maís coa fotografía?

Neste momento disfruto facendo fotografía de distintos tipos, porque en certa forma, cada unha me aporta un estímulo diferente. Non estou disposto a renunciar á relación coa xente que se poida dar na fotografía documental ou de rúa nin a deixar de visitar paisaxes idílicos en soidade a primeiras horas do día disfrutando do son das ondas ou do vento entre as arbores.

Podedes visitar as miñas galerías: